RUTAS TEMATIZADAS

O ouro de Roma

A comarca de Valdeorras  conta cunha personalidade e historia moi marcada que se reflexa en espazos naturais e monumentos de diferente índole e singularidade. Neste proxecto de Recomenda Valdeorras quixemos ordenar algúns deles para facilitar a todos os visitantes o mellor xeito de poder coñecelos e darlle un sentido ao que supón Valdeorras e a súa historia. Por iso tentouse repartir gran parte do patrimonio histórico e paisaxístico en catro rutas que permitan ao visitante coñecer o máis destacado en base a catro temáticas:

Rutas temáticas relacionadas coa historia e o restos presentes na Comarca de Valdeorras:

Rutas temáticas relacionadas con elementos da natureza específica de esta comarca marcada polo seu microclima atlántico-continentalizado e de alta montaña. Un microclima que é ideal para unhas das explotacións agrícolas máis senlleiras como o é a do viño:

O ouro de Roma: castro, pontes e minas

Con esta ruta descubrirase o patrimonio arqueolóxico da época histórica na que Valdeorras era o centro de interese económico e viario da Gallaecia romana. Por Valdeorras transcurre a Via Nova que unía Astorga con Braga e dela temos vestixios que son importantes e algúns moi descoñecidos.

Percorrido: lugares e monumentos a visitar

Concello de Larouco
  • Xacemento do Castrillón: un castro fortificado dos astures situado nun lugar de dificil acceso e gran beleza paisaxística.
  • Restos da Via Nova: Codos de Larouco e Ponte Bibei. Nesta estrada podemos admirar restos desta estrada e da súa construción.

Castrillón de Larouco
Concello de Petín e A Rúa
  • Ponte da Cigarrosa: monumento que forma parte da Vía Nova e que ademais conta coa instalación recente dun miliario, coñecido como “miliario de Nerva”, que marca distancias e abre debate de onde estaba o “Forum Gigurrorum”.
  • Lápida de Pompeio Reburro:  situada fronte á igrexa de Santo Estevo, na Rúa, para coñecer a historia deste pretoriano valdeorrés.
Ponte da cigarrosa
Concello de Vilamartín
  • Castro de Valencia do Sil: castro de finais do Imperio Romano no que se segue a investigar a súa importancia sobre todo relacionado coa produción de pezas de ferro.
Castro de Valencia do Sil
Concello de Rubiá
Parque Natural Serra da Lastra

¿Qué estás buscando?

CONTACTO