A comarca de Valdeorras conta cunha personalidade e historia moi marcada que se reflexa en espazos naturais e monumentos de diferente índole e singularidade. Neste proxecto de Recomenda Valdeorras quixemos ordenar algúns deles para facilitar a todos os visitantes o mellor xeito de poder coñecelos e darlle un sentido ao que supón Valdeorras e a súa historia. Por iso tentouse repartir gran parte do patrimonio histórico e paisaxístico en catro rutas que permitan ao visitante coñecer o máis destacado en base a catro temáticas:
Rutas temáticas relacionadas coa historia e o restos presentes na Comarca de Valdeorras:
Rutas temáticas relacionadas con elementos da natureza específica de esta comarca marcada polo seu microclima atlántico-continentalizado e de alta montaña. Un microclima que é ideal para unhas das explotacións agrícolas máis senlleiras como o é a do viño:
Hai outra Galiza: montañas, estrelas e natureza
Nesta ruta terase acceso a paisaxes que en Galiza son a excepción, provocadas polo microclima desta comarca e por ter o teito de Galicia “Pena Trevinca”. A montaña de Trevinca e os segredos do seu ceo, e mais a vexetación e xeoloxía especial do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra son os puntos fortes desta ruta.
Percorrido: lugares e monumentos a visitar
Nota: dado o amplío desta ruta tematizada necesitase máis dun día para poder disfrutala xa que unha parte está na zona do val de Valdeorras e a outra na zona de alta montaña.
- Visita ao centro de interpretación do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra onde se obterán explicacións sobre as súas singularidades paisaxísticas, de vexetación e fauna. Unha vez coñecidos os datos o visitante poderá optar por facer algunha das rutas andando polo interior do parte ou visitar os miradoiros en coche.
- Visita a miradoiros do parque:
- Mirador de Vilardesilva
- Mirador de A Portela
- Mirador da Cruz
- Mirador de Covas
- Ruta Cántara da Moura.
- Encoro de Prada e a súa ruta circular.
- Visita guiada ao Centro Astronómico de Trevinca: este concello forma parte da rede starlight pola falta de contaminación lumínica dos seus ceus. Hai posibilidade de ir a miradores de O Rañadoiro e As Tablillas; ou facer unha visita guiada no propio centro Astrotrevinca. Este centro require reserva previa:
- Bosque do Teixadal: Un fabuloso bosque de teixos, dos maiores de Europa, con máis de 300 teixos estendendo as súas ramas e raíces centenarias, e algúns milenarios, entre acivros, freixos e abeleiras. Un lugar máxico no que é preciso entrar con guías especializados para evitar perderse.