PETÍN

A loita contra os franceses motivo de orgullo

SITUACIÓN XEOGRÁFICA

O dito “Petín pitou porque non pasou” resume o enfrontamento que os petineses viviron contra as tropas francesas na Guerra da Independencia. Este concello está á beira do río Sil e comparte o Encoro de San Martiño e a ponte medieval de Cigarrosa co veciño municipio da Rúa. 

Está dotado dun fermoso casco antigo e dun paseo á beira do encoro, coñecido como Malecón de Petín, recentemente ampliado. Esta localidade presume de ser ademais un pobo de cine, xa que nel rodouse a primeira película en galego “Sempre Xonxa”. E contan entre os seus veciños ilustres co primeiro presidente da Preautonomía galega, Xosé Quiroga Suárez.

HISTORIA

O Concello de Petín está ligado de moitas formas ao pasado de Valdeorras. Sobre a orixe do seu nome non hai unanimidade. Uns defenden que a súa orixe é o étimo  “Petinius”, posible mandatario romano. Outros van máis pola idea de que está relacionado como “pilón” ou “pedra cravada” debido aos miliarios da Via Nova. De feito, hai pouco que se descubriu un nesta localidade, o miliario de Nerva, que está revolucionando o que se coñece do pasado valdeorrés. 

O concello conta con castros importantes como o da localidade de Mones, debaixo da igrexa de Santa María, e no que algúns historiadores sitúan a poboación gigurra de Calúbriga. A chegada dos romanos e a construción da Via Nova deixou os restos da ponte romana da Cigarrosa, hoxe xa de factura medieval. Nela tamén está do lado de Petín un miliario, recentemente atopado, que está cambiando datos da historia desta comarca.

Pero avanzando no tempo histórico, Petín presume de ser unha das localidades que se enfrontaron aos franceses na Guerra da Independencia. Nese momento, Valdeorras foi escenario da persecución do exército anglo-español por parte das tropas do mariscal francés Soult. O xeral Mendizábal ía cubrindo a retirada das tropas españolas e resistindo os embates franceses. 

Parece ser que na ponte da Cigarrosa, Mendizábal enfrontouse coas tropas do xeneral Marchand, durante varias horas, para deter o seu avance. De feito, un escuadrón de 100 húsares foi asaltado e posto en fuga polos paisanos de Petín -salientando a participación feminina nesta defensa – e dese episodio pode proceder o famoso dito na comarca: «Petín pitou porque non pasou». Desta defensa da súa terra sempre estiveron moi orgullosos os petineses e dende vai uns anos creouse unha feira de produtos e artesanía relacionada con esta temática “A Feira de 1812”. Un festexo que se fai no mes de xuño.

En Petín, a parte da historia, temos tamén un casco antigo coidado e que se descobre paseando polas súas rúas estreitas que van dar á beira do encoro de San Martiño e ao paseo do Malecón. Por outra parte, a Praza Maior é o punto de encontro dos veciños e lugar de celebración das festas patronais do Santiago, o 25 de xullo. 

Destaca nesta praza a casa da familia Quiroga. Un membro desta familia, Xosé Quiroga Suárez, foi o primeiro presidente da Preautonomía  de Galicia e fillo predilecto de Petín.  Este concello presume de ser ademais un pobo de cine, xa que nel rodouse no 1987 a primeira película en galego “Sempre Xonxa”.

LUGARES DE INTERESE

Paseo Fluvial 3

PASEO DO MALECÓN

Miliario de Nerva 1

MILIARIO DE NERVA

Igrexa de Santa Maria de Montes

SANTA MARÍA DE MONES

Ponte_Vella-2

PONTE PORTO-MOURISCO

Ponte da Cigarrosa 7

PONTE DA CIGARROSA