CARBALLEDA DE VALDEORRAS

O berce da louxa valdeorresa

SITUACIÓN XEOGRÁFICA

O Concello de Carballeda é o lugar da louxa (variante da palabra lousa que se usa nesta comarca) e ademais conta con pequenas grandes xoias como son o bosque de teixos Teixadal, único en Europa, as pinturas rupestres da Pala de Cabras nos montes de Casaio, as minas de Valborraz e múltiples rutas para descubrir a natureza no val e en alta montaña no Macizo de Trevinca, onde se atopa o pico máis alto de Galicia. 

Por este concello pasa ademais o trazado do Camiño de Inverno á beira do río Sil entrando dende Puente de Domingo Flórez no Bierzo.

HISTORIA

O Concello de Carballeda permite ao visitante coñecer en moi pouco tempo de desprazamento paisaxes de val, co río Sil como protagonista como o encoro de Pumares, e outros de alta montaña. Pódese pasar dos 400 metros de altitude no encoro de Pumares aos 2000 en algún dos picos montañosos situados neste termo municipal como Pena Negra (2121 m.) e Pena Surbia (2098 m.). A súa capital é Sobradelo, localidade establecida á beira do río Sil e cunha ponte “ A Ponte Nova” como unha das máis destacadas desta vila. Unha construción que foi protagonista no momento da invasión das tropas napoleónicas. 

Por este concello  pasa o trazado do Camiño de Inverno e conta con servizos para o peregrino en localidades como Pumares ou no propio Sobradelo. Subindo da capital en dirección ao alto de Fonte da Cova (1848 metros) coñeceremos o lugar de extracción a ceo aberto da lousa cunha paisaxe modificada ao longo dos anos. Desta zona sae a lousa para todo o mundo, xerando unha economía da que depende en boa medida toda a comarca valdeorresa.

Un dos puntos de referencia nesta parte do concello é a localidade de Casaio, onde existe un conxunto de montes e vales moi encaixados pertencentes á chamada Serra do Eixe. Os montes de Casaio son unha cadea montañosa con orientación noroeste-sudeste situado ao oeste da Serra leonesa de La Cabrera. É nos Montes de Casaio onde se gardan xoias como o bosque de teixos Teixadal, as antigas minas de Valborraz de extracción de Volframio e as pinturas rupestres da Pala de Cabras. 

Todos estes lugares, para ser recorridos con total seguridade, precisan de guías de montaña e natureza xa que hai moitas zonas onde non hai cobertura de telefonía e faise difícil a orientación. Estes montes forman parte do Macizo de Trevinca, onde se atopa o  pico máis alto de Galicia ( Pena Trevinca: 2127 metros) compartido entre este concello e o veciño de A Veiga. En toda esta zona hai múltiples rutas de longo recorrido que son moi atractivas para os amantes da alta montaña.

LUGARES DE INTERESE

oplus_2

A ERMIDA DE SAN XIL

IMAGEN 2

PONTE NOVA DE SOBRADELO

Piscina natural Sobradelo

PISCINA NATURAL SOBRADELO

Valborraz. Wolfram. Mining. Industry. Nazis (1)

MINAS DE VALBORRAZ CASAIO

N Sputnik Labrego pinturas Palas Cabras (2) (1)

PINTURAS DE PALA DE CABRAS

AEVA 2 (38 de 258)

ENCORO DE PUMARES

IMAGEN 2

ALTO DE FONTE DA COVA