A ponte Nova de Sobradelo e a Guerra da Independencia en Valdeorras

IMAGEN 2

Esta ponte de pedra vermella típica da comarca é do século XVI-XVII e foi derrubada durante a Guerra da Independencia baixo a dirección do abade de Casaio para obstaculizar o avance das tropas napoleónicas no seu paso por terras valdeorresas. A ponte está sobre o río Sil e cunha estrutura de 7 arcos o primeiro de cada lado sobre rochas de louxa típica da comarca. 

HISTORIA

A coñecida como «Ponte Nova» de Sobradelo comezouse a construír segundo relata o historiador valdeorrés, Isidro García Tato,  «a cementis» (de raíz) no ano 1591. Nesa época construíronse as pilastras dunha ponte que tería 7 arcos e non se rematou. Sobre estas pilastras colocáronse vigas e tablóns de madeira, cubertos de terra, que propiciaban o paso. Isto mantívose uns anos, ata que o 7 de xaneiro de 1650 o mestre en cantería cántabro Juan Bautista de Velasco, afincado en Ponferrada, presentou a traza e as condicións técnicas da ponte tal como é na actualidade.

Sacada a concurso esta ponte e 5 máis entre as localidades de Puente de Domingo Flórez e A Rúa foron adxudicadas ao construtor tamén cántabro Lucas de Higar, veciño de Ponferrada. As obras leváronse a cabo entre o 6 de marzo de 1665 e 1685. Nembargantes en 1715 a filla do construtor Lucas del Higar, xa defunto, reclamáballe ao Consello de Facenda  parte da débeda por tal obra.

Posteriormente, na ocupación Francesa, o 15 de xaneiro de 1809 os soldados franceses ás ordes do xeral Marchand atravesaron esta ponte, perseguindo ás tropas inglesas, que fuxían ao porto de Vigo. E aquí hai historiadores que din que o abade de Casoio, José Bernardo Quiroga y Uría, comandante das tropas sublevadas de Valdeorras, derruíu o arco maior da Ponte Nova nese ano de 1809, para impedir o paso aos franceses. Pero, hai un documento que di expresamente que tal arco foi «destruído por ordes militares en 1810», co cal podería ser posterior ao paso das tropas. 

Anos máis tarde, dende 1818 sabemos que se levaban a cabo obras no derruído arco maior da ponte, poñendo todos os anos unhas vigas e tablóns de madeira, cubertas de terra, para poder pasar. Así se fixo o resto do século XIX.  Por fin, cara o ano 1902, despois de máis de 90 anos foi inaugurada a ponte de fábrica de pedra, tal como está hoxe. 

SABER MÁIS

GALERÍA

VISTA EN 360 º

Reproducir vídeo

¿Qué estás buscando?

CONTACTO