O BOLO

Historia, natureza e sabores que conquistarán os teus sentidos.

SITUACIÓN XEOGRÁFICA

O Bolo é un dos nove concellos que forman parte da Comarca de Valdeorras, no oriente da provincia de Ourense. Ao Norte limita cos municipios de Petín e Larouco; ao Sur con Viana do Bolo; ao Leste coa
Veiga e ao Oeste con Manzaneda.

Ten unha superficie aproximada de 100 quilómetros cadrados e acolle unha poboación de 1.130 habitantes. Distribuídos en vinte e oito lugares. capital é a vila do Bolo. Está adscrito ao partido xudicial de Trives e pertence á diocese de Astorga.


O seu relevo é montañoso, aínda que tamén presenta zonas chairas e ribeiras fértiles. O concello esténdese entre a vertente oriental do río Bibei e a conca do río Xares, vales que separan o macizo de Manzaneda das serras de Trevinca e Segundeira.

Os ríos xeralmente discorren encaixados agás as áreas abertas nos arredores de Chandoiro e Celavente. As gorxas do río Bibei conforman un espazo natural que foi declarado LIC (Lugar de Importancia Comunitaria).

A súa principal vía de acceso é a OU-533 que comunica A Gudiña e A Rúa.

HISTORIA

As terras do Bolo foron habitadas, en época prerromana, polos astures e a tradición sostén que a vila está construída sobre un castro denominado
Volobriga. O Bolo, en época romana, formou parte do conventus asturicense. Este feito debeu de ser decisivo, xa no século XII, na disputa entre as dioceses de Ourense e Astorga por este territorio, coñecido naquela altura coma Roboreta (Robreda).

O Bolo foi xurisdición de reguengo ata a guerra civil castelá, finalizada en 1369 co asasinato de Pedro I «O Cruel». O novo rei, Enrique II, entrega o señorío de Lemos e Trastámara – aumentado coas terras bolesas- ao seu sobriño Pedro Enríquez.

Fracasada a rebelión na que participou o fillo deste,
Fadrique Enríquez, o duque de Arjona (1428), o monarca decide desposuír aos Enríquez do señorío e entregar as terras do Bolo aos Pimentel, condes de Benavente. Don Juan Pimentel -señor de Allariz, Milmanda e o Bolo durante case medio século (1461- 1508)- foi un dos líderes nobiliarios que
protagonizou a derrota dos irmandiños e mandou reconstruír e ampliar o castelo do Bolo.

Xa a mediados do século XVI, O Bolo retornou a xurisdición real. Durante a Guerra de Independencia (xuño de 1809), as tropas en retirada do mariscal
Soult usaron coma cuartel o Pazo de Valbuxán e asaltaron o santuario das Ermidas, do que levaron todo diñeiro. Despois da reforma provincial de 1833, O Bolo adquire os seus actuais límites municipais.

QUÉ OFRECE AO TURISTA?

Hoxe en día este concello ofrece ao visitante a posibilidade de visitar o único castelo medieval visitable da comarca de Valdeorras, un santuario mariano barroco con 400 anos de historiaSantuario Virxe das Ermidas- e o único museo de pintura da zona dedicado ao artista local Yosso. Ademais conta cunha importante rede de miradoiros para gozar da paisaxe de montaña e das gorxas dos ríos Bibei e Xares. Así como unha rede etnográfica formada por cruceiros, fornos, muíños de pan e aceite e ata unha minicentral eléctrica.

No apartado enogastronómico este municipio conta con viñedos de importantes adegas asentadas na DO Valdeorras. A carne de vitela (carne de tenreira), os embutidos e xamóns de porco, o mel e o viño son parte das delicias gastronómicas deste concello.

via-crucis-destacados

VIA CRUCIS AS ERMIDAS

Muiño_fariña-9

OS MUÍÑOS NO BIBEI

AEVA 2 (207 de 258)

SANTUARIO MARIANO BARROCO DAS ERMIDAS

AEVA 2 (242 de 258)

ÁREA RECREATIVA DO BIBEI

AEVA 2 (180 de 258)

MIRADOIROS DO BOLO