Miradoiros do Bolo: A Fraga, Cambela, Santa Cruz, A Salesa e Chandoiro

m. cambela 1 (1)

Os miradoiros deste concello permiten admirar a paisaxe de montaña e a creada polos ríos Bibei, Xares e a viticultura en socalcos en toda a zona.

HISTORIA

Por diferentes localidades deste concello podemos atopar sinalizados varios miradoiros. Algúns deles como o de Santa Cruz e o de Cambela ao pé da propia estrada comarcal 533 que une A Rúa con Viana do Bolo. Os miradoiros teñen unha forma circular inspirada en elementos moi recoñecibles na zona como son os pombeiros e lembrando tamén aos castros. 

Miradoiros

O Miradoiro da Fraga/Aceveda con orientación norte, divísanse os concellos veciños de Petín, Vilamartín, A Rúa, A Veiga e Manzaneda. Este miradoiro atópase en terreos protexidos da Rede Natura 2000 dentro do LIC Macizo Central.

O Miradoiro de Cambela está sinalizado como vista panorámica, dada a súa situación privilexiada, con facilidade acceso dende a estrada C-533 e estacionamento. Dende este punto teñen unha vista privilexiada do Santuario das Ermidas e o seu entorno. Tamén de boa parte do curso do río Bibei e do concello veciño de Manzaneda.

O Miradoiro de Chandoiro atópase no lugar coñecido como Pena Laceira e permite ter excelentes vistas de viñas así como do lugar no que o río Xares se atopa co río Bibei nun lugar chamado Entrambasaugas.

O Miradoiro de Santa Cruz, onde se goza de boas vistas das reviravoltas do río Bibei, viñedos, o castelo do Bolo. O alto está coroado por unha cruz branca de formigón á que se accede por unhas escaleiras.

O Miradoiro da Salesa espazo que ofrece un punto de vista diferente das paisaxes de Manzaneda, Larouco, Petín e A Rúa. Neste lugar tamén está colocado o “banco máis raro do mundo”.

SABER MÁIS

UBICACIÓN M. FRAGA

UBICACIÓN M. DE CAMBELA

UBICACIÓN M. DE SANTA CRUZ

UBICACIÓN M. CHANDOIRO

UBICACIÓN M. DA SALESA

GALERÍA

VISTA EN 360 º

Reproducir vídeo
Reproducir vídeo

¿Qué estás buscando?

CONTACTO