RUTAS TEMATIZADAS

In vino veritas

A comarca de Valdeorras  conta cunha personalidade e historia moi marcada que se reflexa en espazos naturais e monumentos de diferente índole e singularidade. Neste proxecto de Recomenda Valdeorras quixemos ordenar algúns deles para facilitar a todos os visitantes o mellor xeito de poder coñecelos e darlle un sentido ao que supón Valdeorras e a súa historia. Por iso tentouse repartir gran parte do patrimonio histórico e paisaxístico en catro rutas que permitan ao visitante coñecer o máis destacado en base a catro temáticas:

Rutas temáticas relacionadas coa historia e o restos presentes na Comarca de Valdeorras:

Rutas temáticas relacionadas con elementos da natureza específica de esta comarca marcada polo seu microclima atlántico-continentalizado e de alta montaña. Un microclima que é ideal para unhas das explotacións agrícolas máis senlleiras como o é a do viño:

In vino veritas: adegas, covas e viñedos

Nesta ruta coñecerase e gozarase do potencial enoturístico de Valdeorras. Valorando ademais a recuperación da caste autóctona godello e a diversidade de viños da comarca.  Así como recoñecer as singularidades etnográficas das covas no contexto galego, sendo a única comarca galega na que existen este tipo de construcións baixo terra para conservar o viño.

Ademais en toda a comarca hai adegas que ofrecen visitas guiadas segundo dispoñibilidade e baixo reserva.  Para coñecer máis destas adegas pódese consultar a web oficial da Ruta do Viño de Valdeorras: 

Percorrido: lugares e monumentos a visitar

Concello do Bolo
  • Miradoiro de Chandoiro coa paisaxe do viño en ladeira e o rio Bibei como protagonista destas Terras do Bolo. As vistas do val e dos viñedos desde este miradoiro son espectaculares. 

Miradoiro de Chandoiro
Concello A Rúa
  • Covas das Pinguelas: na zona da Rúa Vella sitúase esta agrupación de covas á beira dun regato e nesa zona pódese comprobar como a actividade humana crea espazos de valor etnográfico, integrados na natureza.
  • Miradoiro Barranco Rubio: lugar para admirar a paisaxe de viñedos no val conformado polo río Sil e rodeado de montañas.
Concello Vilamartín

Neste concello hai dúas zonas con rutas de covas: Vilamartín centro e a localidade de Arcos. Unha vez ao ano os veciños abren as súas portas para poder coñecelas e desfrutar da festa. Nas de Vilamartín centro a festa é o primeiro sábado de agosto e nas de Arcos o primeiro sábado do mes de xullo.

Concello de Larouco
  • Covas de Seadur: ruta de covas nesta localidade singular que unha vez ao ano no sábado de Semana Santa abren as súas portas. Neste barrio de covas hai tamén aberto un restaurante cova.
  • Lagares rupestres: Están sinalizados en dous puntos deste concello para poder coñecelos facendo unha andaina.
Lagares rupestres de Larouco

¿Qué estás buscando?

CONTACTO