Miradoiro de Alixo: as mellores vistas do Barco dende o alto da serra

Mirador_de_Alixo-6

Este miradoiro na localidade de Alixo ofrece unha gran panorámica do val e de toda a vila barquense. Atópase a uns seis quilómetros do casco urbano e para chegar a el hai unha pequena andaina de menos de 300 metros.

HISTORIA

A mellor vista panorámica do Barco e da súa contorna posiblemente se atope neste lugar da vila de Alixo, a tan solo uns 6 quilómetros do casco urbano. Para chegar a el hai que desviarse dende a estrada N-536 en dirección a Sobradelo dende O Barco e tomar o desvío á dereita que xa indica o camiño para subir ao miradoiro. Unha vez en Alixo deixaremos o vehículo na zona do Centro Social e hai unha pequena andaina duns 200 metros para chegar ao miradoiro. O lugar ofrece boas vistas e un espazo de tranquilidade para gozar das mellores vistas.

SABER MÁIS

INFORMACIÓN TURÍSTICA

GALERÍA

VISTA EN 360º

¿Qué estás buscando?

CONTACTO