Pazo dos Flórez: unha das casas señoriais da vila do Castro

Shooting AEVA (20 de 212)

A vila do Castro conta cos restos do antigo castelo, coñecidos como a Torre do Castro, e varias casas señoriais que son proba do pasado de esplendor deste lugar. Unha das que destacan é o Pazo dos Flórez, máis coñecido como Pazo do Castro, unha edificación do século XVII e que chama a atención pola súa fachada con arcos de medio punto e balcóns feitos coa típica pedra vermella da zona. Ademais, como pazo conta con capela propia na que está enterrado o artífice deste lugar. Hoxe en día dedicase a hotel monumento no que se pode visitar a entrada e, con permiso, pasear polo seu patio e xardín, así como coñecer o museo de carruaxes antigas.

HISTORIA

A vila do Castro gozou de poder durante a Idade Media. As primeiras referencias a esta zona aparecen xa no século XII. Dende o castelo,  do que hoxe solo se conserva a torre, os vasalos distinguidos exercían o seu goberno no val de Valdeorras. A comezos do século XVII,  naceu nesta vila, o relixioso, don Pedro Losada y Quiroga, quen mandou construír este pazo. Ademais fundou un morgado que permitiu que o pazo permanecera na familia Flórez Losada y Quiroga ao longo dos séculos. O resume da súa vida pode lerse nunha lápida no interior da capela que forma parte do edificio. Un espazo visible exteriormente por unha espadana e unha porta de acceso nun lateral do edificio principal que se presenta cunha elegante e rechamante fachada feita sobre un soportal de seis arcos de medio punto realizados en pedra vermella e con sete balcóns de ferro. Ademais, nela poden verse os dous brasóns dos fundadores coas cinco flores de Lis dos Flórez e noutro cos lagartos dos Losada. 

Este pazo foi declarado patrimonio histórico e os últimos moradores foron os Marqueses de Esteva de las Delicias, título con Grandeza de España. Dende finais dos anos 90 o pazo é un hotel monumento ao que se pode acceder para ver a súa fachada e pedindo permiso poden verse o patio interior, os xardíns e visitar o museo de carruaxes antigas.

SABER MÁIS

GALERÍA

¿Qué estás buscando?

CONTACTO