A VEIGA

Un concello aos pés de Trevinca, o pico máis alto de Galicia

SITUACIÓN XEOGRÁFICA

A Veiga é o concello no que se atopa o punto máis alto de Galicia. Trátase de Pena Trevinca, que cos seus 2127 metros de altura, é o punto dominante dunha paisaxe de alta montaña con lugares únicos como as lagoas glaciares e as súas lendas. 

A Veiga é destino obrigado para os amantes de rutas de montaña, amantes da natureza e tamén para os que queren ver estrelas. Xa que dende o ano 2015 é destino Starlight e o seu observatorio astronómico atrae a moitos visitantes aos fins de semana para ver o que hai fóra do globo terráqueo. 

HISTORIA

A Veiga conta co punto máis alto de Galicia, Pena Trevinca, cunha altura máxima de 2.127 metros é o pico máis alto deste macizo que tamén ten outras montañas como Pena Negra con 2.121 metros e Pena Surbia con 2.095 metros. 

Este concello, declarado Municipio Turístico Galego no ano 2001,  conta cunha paisaxe de alta montaña de gran beleza e coa posibilidade de recorrela por diferentes camiños tanto para expertos como afeccionados. Ademais hai guías de natureza que poden facer esas andainas moito máis entretidas e seguras. 

As actividades na natureza non se circunscriben solo á camiñar senón que tamén se poden facer na auga. No encoro de Prada hai espazo para desfrute durante os meses de verán tanto para bañistas como para deportistas. A praia fluvial neste encoro  é coñecida como “a dos franceses” pola forte emigración a ese país de moita xente da contorna que volven no verán. 

Un lugar que conta cunha senda circular a súa beira e que se pode recorrer andando ou en bicicleta eléctrica. Un transporte que se pode alugar na oficina municipal de turismo.

A Veiga é destino obrigado para os amantes da natureza en estado puro e tamén daqueles que ademais busquen historia e tradición ligada ao mundo agrario e rural. Hai toda unha rede etnográfica na que descubrir, polas diferentes poboacións: muíños, fornos e teares. Un dos máis destacados está na localidade de Requeixo, o museo do liño. 

Na Veiga as estrelas e o ceo son tamén protagonistas, xa que dende o ano 2015 son destino Starlight. Na localidade de Valdín está montado o observatorio astronómico que abre as súas portas  nas fins de semana e organiza actividades para coñecer o que hai fora do planeta Terra. Unha actividade que goza de moito seguimento.

LUGARES DE INTERESE

Solfiro Cantara da Moura (2)

CÁNTARA DA MOURA

MUIÑO FARIÑA 2

REDE ETNOGRÁFICA A VEIGA

Casa_de_pedriñas-10

A CASA DAS PEDRIÑAS

Playa_os_franceses-1

"PRAIA DOS FRANCESES"

Centro_Astronomico-4

OBSERVATORIO ASTRONÓMICO

Montañas Trevinca. Juanjo Terras Altas Trevinca

SENDA VERDE DO XARÉS

Travesía con neve nas montañas de Trevinca. Juanjo Terras Altas Trevinca (1)

SENDA ALTA MONTAÑA EN A VEIGA

Playa_fluvial_coiñedo-6

A PRAIA DE COIÑEDO

Solfiro Cantara da Moura (2)

PRAIA DO COIÑEDO

MUIÑO FARIÑA 2

CASA DAS PEDRIÑAS