A casa das Pedriñas é unha casa particular que nos últimos anos leva ganado cada vez máis popularidade chegando a converterse nun dos lugares “a visitar” no casco urbano da Veiga. O seu construtor coñeceuse como o Gaudí da Veiga.
HISTORIA
Esta edificación privada coñécese tamén como a “Casa do Bailarín” e está próxima ao encoro de Prada. A casa foi feita polo escultor e pintor, Daniel Mancebo, ao longo da súa vida. Pola súa estética, feita a base de pequenas pedras, a xente acabou chamándolle a “das pedriñas” e o seu creador gañou a pulso o alcume do «Gaudí da Veiga”.
Daniel Mancebo, foi un veigués que emigrou a Barcelona e que construíu nos anos 70, a súa casa da Veiga con cantos rodados, inspirado polo modernismo catalán. Os veciños lembran como el e a súa muller recollían pedras da beira do encoro para ir construíndo, de xeito autodidacta durante as vacacións de verán, a súa obra arquitectónica.
Esta edificación inacabada goza de moitas visitas que se asombran do gran traballo feito.