A Praia do Coiñedo sitúase a beira do pobo da Veiga, está dotada de duchas, zona de praia, zona de comer ao aire libre e dun embarcadoiro. Neste entorno celébranse, nos últimos anos, algunhas feiras de produtos tradicionais ao longo do ano.
HISTORIA
A Praia fluvial do Coiñedo é un dos puntos para desfrutar das augas do Encoro de Prada no Concello do Veiga. Está moi preto do casco urbano o que facilita poder moverse facilmente sen vehículo.
Este lugar de area fina está dotado de zona para poder comer ao aire libre, hai duchas e un embarcadoiro. Por estar preto do entorno urbano, nos últimos anos, estase a utilizar este espazo para celebrar certos eventos de promoción de produtos tradicionais do concello.
No verán hai un servizo de aluguer de piraguas para recorrer o encoro. Por esta zona tamén pasa a Senda Verde do Xares que percorre a contorna do mesmo.