A comarca de Valdeorras conta cunha personalidade e historia moi marcada que se reflexa en espazos naturais e monumentos de diferente índole e singularidade. Neste proxecto de Recomenda Valdeorras quixemos ordenar algúns deles para facilitar a todos os visitantes o mellor xeito de poder coñecelos e darlle un sentido ao que supón Valdeorras e a súa historia. Por iso tentouse repartir gran parte do patrimonio histórico e paisaxístico en catro rutas que permitan ao visitante coñecer o máis destacado en base a catro temáticas:
Rutas temáticas relacionadas coa historia e o restos presentes na Comarca de Valdeorras:
- O ouro de Roma
- Fe e feudalismo
Rutas temáticas relacionadas con elementos da natureza específica de esta comarca marcada polo seu microclima atlántico-continentalizado e de alta montaña. Un microclima que é ideal para unhas das explotacións agrícolas máis senlleiras como o é a do viño:
Fe e feudalismo: igrexas, castelos e pazos
O obxectivo deste percorrido pola comarca de Valdeorras é poder achegarse ao patrimonio cultural arquitectónico da Idade Media e Moderna. As construcións dos señores laicos e relixiosos da comarca e o seu valor patrimonial.
Percorrido: lugares e monumentos a visitar
Santuario das Ermidas: (BIC) co relato do xurdimento da tradición mariana no século XVII nesta comarca e sendo un edificio xoia do Barroco en Galicia.
Castelo do Bolo: Único castelo rehabilitado e visitable na comarca. Unha fortificación que foi propiedade na Idade Media do Condado de Benavente e asaltado polos Irmandiños na Gran Guerra Irmandiña
- Torre do Castro : (BIC) restos do que foi a fortaleza medieval dos Señores de Valdeorras e posteriormente dependente do Condado de Ribadavia.
- Igrexa de San Miguel de Xagoaza: relacionada coa Orde dos Cabaleiros Hospitalarios de San Xoán de Xerusalén. A igrexa é románica con modificacións posteriores.