A aciñeira da Lastra: unha árbore senlleira que lle da nome ao parque natural

Enciña_Centenaria-6

Na entrada do pobo de Covas, preto do cemiterio, hai unha árbore senlleira á que se lle atribúe o nome deste parque natural valdeorrés. A enciña ou aciñeira ten grandes dimensións e moitos séculos de vida.  A lenda di que os que entraban a estas terras por este paso, a aciñeira servíalles de guía para saber onde estaban. Esta árbore forma parte do catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

HISTORIA

O nome do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra parece ser que provén desta aciñeira de  grandes dimensións que servía hai moitos séculos de guía aos viaxeiros por estas terras. É solo unha historia, pero esa enciña atópase nun solar próximo ao cemiterio da localidade de Covas e conta con recoñecemento de Árbore Senlleira de Galicia.

A aciñeira de Covas é un gran exemplar de grandes polas que acada os 18 metros de altura e máis de seis metros de perímetro e unha idade superior a uns catro séculos. 

Acompañan a este aciñeira neste parque outras especies de tipo mediterráneo: sobreiras, oliveiras, amendoeiras. Tamén están os castiñeiros, formando fermosos soutos e os rebolos (un tipo de carballo). 

SABER MÁIS

SOBRE ORNITOLOXÍA

GALERÍA

VISTA EN 360º

¿Qué estás buscando?

CONTACTO