O Encoro de Prada situado á beira do casco urbano da Veiga conta con dúas praias fluviais habilitadas con áreas recreativas na que se pode desfrutar de varios servizos. A coñecida como Praia dos Franceses sitúase a uns poucos metros antes de chegar ao centro da Veiga. Está dotada de aseos públicos, duchas e zonas de mesas para pasar un día de praia en plena montaña.
Para completar a actividade durante os meses de verán é posible alugar kayaks e piragüas, así como desfrutar de paseos no encoro nun catamarán. A praia conta ademais cun embarcadoiro e un peirao de baño. A zona está dotada de área de autocaravanas inaugurada no 2023.
HISTORIA
O aproveitamento do Encoro de Prada é un dos atractivos turísticos deste concello. Esta construción acumula a auga do río Xares dende o ano 1958 provocando a desaparición da localidade de Alberguería.
Na zona máis próxima ao centro da Veiga hai marcadas dúas praias fluviais: a coñecida como a dos Franceses, antes de cruzar a ponte que leva ao casco urbano, na marxe esquerda do encoro; e a de Coiñedo que xa está dentro do propio casco urbano. Ademais, en varios puntos deste lugar, hai pequenas zonas de baño. Así como unha ruta circular duns 34 quilómetros, a Senda Verde do Xares, para facer andando ou en bicicleta.
A máis coñecida é a dos Franceses, chamada así pola presenza no verán de moitos visitantes emigrados ao país galo, e que volven no verán a súa terra nai. Está dotada de moitos servizos tales como: aseos públicos, duchas e zonas de mesas para pasar un día de praia en plena montaña. Para completar a actividade durante os meses de verán é posible alugar kayaks e piragüas, así como desfrutar de paseos no encoro nun catamarán. A praia conta ademais cun embarcadoiro e un peirao de baño. A zona está dotada de área para as autocaravanas inaugurada no ano 2023.