As sendas PR-G de alta montaña en A Veiga: camiños para percorrer o Macizo de Trevinca

Travesía con neve nas montañas de Trevinca. Juanjo Terras Altas Trevinca

O macizo de Trevinca cos seus montes que superan os dous mil metros de altura como o propio Pico Peña Trevinca ou o Pico Maluro, xunto con lagoas glaciares como a da Serpe ou a de Ocelo, contan con rutas sinalizadas para que os amantes da alta montaña poidan coñecelas camiñando. Estes sendeiros oficiais marcados como PR-G (pequeno recorrido de Galicia) sempre se recomenda facelos con guías de montaña, expertos da zona, para poder coñecelos a fondo. Tamén hai que ter en conta as condicións cambiantes do tempo en cotas tan altas e ir ben provistos de roupa de abrigo e sistemas para pedir axuda se é preciso.

Os sendeiros de montaña son: 

  • PR-G 198 – Ruta Trevinca polo Maluro: Esta ruta é unha travesía duns 27 quilómetros ida e volta. 
  • PR-G 198-1 Variante Trevinca ata a Poula de Campo Raso: esta é unha variante da anterior que vai dende a localidade de  Vilanova ata a Poula de Campo Raso.
  • PR-G 199 Ruta Trevinca polo Sestil Alto: Travesía de 24 quilómetros entre ida e volta.
  • PR-G 200 – Ruta das lagoas glaciares da Serpe e de Ocelo: Esta ruta circular ten uns 15 quilómetros. 
  • PR-G 201 – Ruta integral de Serra Calva: Ruta esixente duns 42 quilómetros de lonxitude . 23 quilómetros ata quedar a un km de Trevinca e enganchar o PR-G 198 .

HISTORIA

Os sendeiros de montaña para recorrer os montes do Macizo de Trevinca atraen a moitos visitantes expertos desexosos de coñecer estas paraxes e admirarse coa súa paisaxe. No Concello da Veiga están marcados cinco  PR-G  nesta zona que están avalados pola Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada. Son percorridos de menos de 50 quilómetros que tamén se poden visitar, aínda que sexa por tramos, por visitantes afeitos a camiñar no monte, sempre e cando se fagan acompañar por un guía de montaña que ademais lle explicará todas as particularidades dos lugares polos que pasen. Tamén é importante non perder de vista que se camiña por zonas de alta montaña onde as condicións climatolóxicas poden cambiar rapidamente, polo que hai que ir ben provistos de roupa de abrigo e material para pedir axuda si é preciso.

Os sendeiros de montaña marcados son:

  • PR-G 198 – Ruta Trevinca polo Pico Maluro: Unha travesía duns 27 quilómetros de lonxitude que empeza na localidade de Vilanova para percorrer dous dos picos máis altos do macizo de Trevinca: o Maluro e o Pena Trevinca. Para chegar dende Vilanova ata Trevinca a ruta de ida é duns 14  quilómetros.
  • PR-G 198-1 Variante Trevinca ata a Poula de Campo Raso: esta é unha variante da anterior que parte dende Vilanova, pola pista da Mina de Wolfram de Vilanova, e ao chegar ao comezo do  val Meladas sube ata Poula de Campo Raso.
  • PR-G 199 Ruta Trevinca polo Sestil Alto: A travesía duns 24 quilómetros entre ida e volta, sae da localidade de Vilanova, vai pola pista da mina de wolfram ata o Sestil Alto. 
  • PR-G 200 – Ruta das lagoas glaciares da Serpe e de Ocelo: Esta ruta circular duns 15 quilómetros pasa por dúas das lagoas glaciares deste macizo que son únicas en Galicia. A Lagoa da Serpe, que ademais conta cunha lenda relacionada coa noite de San Xoán, e a lagoa de Ocelo. Na zona pódense ver plantas endémicas como:  Genista sanabrensis, Gentiana lutea (Xanzá en galego) e algún tipo de planta carnívora como a Drosera rotundifolia. Para ver estas lagoas, se non se pode camiñar moito, hai guías de montaña da zona que recorren unha parte da ruta con coches todoterreo.
  • PR-G 201 – Ruta integral de Serra Calva: Esta é unha ruta esixente de 42 quilómetros de lonxitude (ida e volta) que precisará de 12 a 14 horas para poder facelo. Polo que o recorrido desta ruta esixe de coñecemento, preparación e recomendan facela en días longos de verán.

Todos estes recorridos transcorren por zonas moi sensibles de Rede Natura e zona ZEPA de especial protección de aves. Xa que o 70% das parellas de aguia real de toda Galicia nidifican nas montañas de Trevinca (parellas estables na zona) e tamén a perdiz pardilla as dúas en perigo de extinción. 

SABER MÁIS

PR-G 198 - RUTA DO MALOURO E PENA TREVINCA

PR-G 198-1 VARIANTE TREVINCA ATA A POULA DE CAMPO RASO

PR-G 200 - RUTA DAS LAGOA GLACIARES DA SERPE E DE OCELO

PR-G 199 - RUTA TREVINCA POLO SESTIL ALTO

PR-G 201 - RUTA INTEGRAL DE SERRA CALVA

GALERÍA

VISTA EN 360 º

Reproducir vídeo

¿Qué estás buscando?

CONTACTO