Senda Verde do Xares: unha ruta circular ao redor do encoro

Esta ruta duns 34 quilómetros faise ao redor do encoro de Prada observando a paisaxe de alta montaña e a formada á beira deste embalsamento de auga.  Esta senda de dificultade media-alta está rexistrada oficialmente como PR-G 211 e está sinalizada coas típicas marcas de pintura branca e amarela.

HISTORIA

Esta senda de 33,4 quilómetros pode facerse partindo pola beira dereita do río Xares ata o encoro de Prada. Despois volver pola marxe esquerda do río ata a Praia dos Franceses. Neste percorrido circular, de dificultade media-alta,  pode facerse andando ou en bicicleta de montaña. Na Oficina de Turismo da Veiga, sobre todo na época estival, pódense alugar bicicletas eléctricas para usar nesta actividade. 

A súa dificultade está sobre todo pola lonxitude da senda, aínda que hai varias alternativas para facela en varias etapas, mediante accesos por camiños e pistas dende ás localidades que están a beira do encoro. Durante este percorrido pasarase por: casco urbano da Veiga, área recreativa e Praia do Coiñedo,  Casdenodres, Castromarigo, Candeda, Prada, Poboado de Prada, muro do encoro de Prada, Praia da Alberguería, Santa Cristina, Carracedo e Praia dos Franceses.

A paisaxe deste sendeiro está dominada polo encoro de Prada, construído en 1958,  e que hoxe en día creou un microclima que condiciona todo o val. Ademais todo o encoro é un lugar moi prezado polos afeccionados á pesca.

SABER MÁIS

MAIS INFORMACIÓN

GALERÍA

VISTA EN 360 º

¿Qué estás buscando?

CONTACTO