Penedos de Oulego: a imaxe máis recoñecida da Serra da Lastra

IMG_20250227_114834

Esta formación montañosa en forma de crista é unha das máis icónicas para saber que se está no parque da Lastra. Unha elevación da serra con penas de cal que conta cunha ruta para recorrer esta zona e gozar da flora e fauna do territorio protexido.

HISTORIA

O logotipo que identifica o Parque da Serra da Lastra está formado pola imaxe destes penedos que se poden ver dende diferentes lugares da área protexida.  A mellor maneira de admíralos é achegándose a eles o máximo posible a través da estrada OU 622 dende Porto en dirección á zona berciana de Santo Tirso de Cabarcos. Despois na área de descanso de Caprada, á beira desta estrada, podemos comezar unha andaina circular de menos de dous quilómetros para poder admiralos dende máis preto. Dende esta singular paisaxe, na súa zona máis alta, pódese admirar a incrible panorámica que ofrecen os vales de Valdeorras e a serra da Cabreira berciana.

SABER MÁIS

SOBRE ORNITOLOXÍA

GALERÍA

VISTA EN 360 º

¿Qué estás buscando?

CONTACTO