Lagares rupestres de Larouco: As Pedreiras e As Penelas

Solfiro Lagares Larouco

Os lagares rupestres As Pedreiras e As Penelas parece que son do IV d.C., segundo os primeiros estudos feitos por expertos. Atopáronse ao facer novas plantacións de viña grazas á sensibilidade do propietario que decidiu avisar e conservar o achádeo. O Concello ten sinalizadas rutas para camiñar e poder visitalos.

HISTORIA

Estes lagares tallados directamente na rocha, están sinalizados e pódese facer ruta andando para coñecelos e ver onde están situados. Atoparon no 2020 o Lagar rupestre As Pedreiras e no 2021 descubriuse outro: o Lagar As Penelas. Segundo os primeiros estudos feitos por expertos os dous primeiros atopados serían Lagares romanos do século IV dC.

Foi no ano 2020 cando o  viticultor local Mario Yáñez, descubriu os primeiros ao traballar as súas terras para plantar viña. Aínda que é difícil datalo, é mostra da importancia do viño nesta terra xa no pasado. Non hai marcas das zonas nas que se afincaban os postes de madeira dos da Idade Media. Ademais atopáronse restos de cerámica romana e polo tanto non tiveron uso despois, xa que senón non habería eses restos hoxe en día.

No ano 2021 o mesmo viticultor, Mario Yáñez, atopou nunha zona de monte entre sobreiras e aciñeiras, o Lagar As Penelas. Hoxe este espazo está a monte pero hai tempo posiblemente eses campos eran viñedos.

Os lagares están en zonas de cultivo e poden verse camiñando pola ruta sinalizada dende o concello. Esta Ruta dos Lagares e Via Romana conta cuns 4,8 quilómetros e unha desviación ao lagar As Pedreiras duns 800 metros (solo ida), xa que este lagar está no medio dun viñedo fora da ruta.  A ruta é de dificultade baixa e ten frechas de cor amarela nos carteis indicadores. Parte dende o casco urbano e vai ata Freixido para volver despois ao mesmo lugar de partida.

SABER MÁIS

DESCARGA DOS TRACKS DA RUTA

GALERÍA

VISTA EN 360 º

Reproducir vídeo

¿Qué estás buscando?

CONTACTO