Esta igrexa parroquial atópase no centro do casco urbano de Larouco. Foi construída no século XVIII, de estilo barroco e planta de cruz latina. É o punto de referencia para os eventos relixiosos nesta vila e a patroa do concello e a súa festa celebrase o 8 de setembro.
HISTORIA
A Igrexa de Santa María dos Remedios foi construída no ano 1793 tal e como figura na inscrición que hai na súa fachada. A actual dise que fai de substituta doutra que había e que era demasiado pequena e situada nun lugar pouco accesible de Larouco. É de estilo barroco, propio desa época, e ten unha planta de cruz latina. No seu altar maior hai acios de uvas decorativos, columnas salomónicas e anxos.
A fachada está dividida en tres partes, o campanario, un reloxo debaixo e no medio da fachada, un espazo onde está a escultura da virxe e o neno, abaixo a portada flanqueada por pilastras estriadas. Garda certas similitudes artísticas co santuario das Ermidas, que xa estaba construído nesa época, e converterase nun referente para a zona.
Ademais pertence ao Bispado de Astorga como todas as da comarca de Valdeorras. O seu nome serviu no século XX para bautizar a cooperativa vitivinícola que houbo na localidade e que pechou as súas portas no 2016.