Miradoiro de Barranco Rubio: As mellores vistas do val do Sil dende A Rúa

Miradoiro_SanMartiño-12

Espectacular miradoiro situado nos montes que pechan o val polo Norte e que ofrece unha panorámica inmellorable do val do Sil, desde as montañas do Macizo Central ata A Serra do Eixe.

É un lugar cun acceso fácil en coche e tamén se pode facer a pé dende o Barrio de Fontei. Débese ter en conta que os últimos trescentos metros, antes de chegar ao miradoiro, presentan unha forte pendente

HISTORIA

O miradoiro de Barranco Rubio é un lugar estratéxico para divisar toda a paisaxe do val do Sil ao seu paso por Valdeorras. Cunha altura de 764 metros e un acceso, nos últimos 300 metros, de forte pendente o viaxeiro pode admirar toda a contorna e descubrir as sinais de identidade desta comarca como son as viñas no val e nas ladeiras, o río Sil e o encoro de San Martiño, así como as montañas que rodean ao val.

Para iniciar o ascenso ata este punto pártese, habitualmente, dende a igrexa de Fontei na Rúa. Hai indicadores durante o trazado de ascenso tanto na zona habitada como unha vez se cruza por unha ponte por riba da N-120 en dirección á montaña. Na primeira parte do camiño vense soutos e moita zona de viñedo en ladeira para que a medida que se ascende vaise pasando a monte con piñeiros. Unha vez arriba hai unha estrutura metálica con escaleiras que permite ter unha mellor perspectiva. Aos pés do visitante por unha banda a vila da Rúa co seu encoro de San Martiño e a vila de Petín, toda a zona de Larouco e parte das parroquias do Bolo e Manzaneda. Por outra banda vese Vilamartín e boa parte do Barco, chegando a divisar nos días claros ata picos do macizo de Trevinca.

PÁXINA WEB DO CONCELLO DA RÚA

GALERÍA

VISTA EN 360 º

Reproducir vídeo

¿Qué estás buscando?

CONTACTO