Museo Yosso

top

O Concello do Bolo abriu no ano 2022 o primeiro museo de arte da comarca de Valdeorras. A sala está dedicada ao artista local Yosso, José Porto García, e sitúase nun lateral do edificio do colexio público do Bolo.

HISTORIA

As obras do artista, José Porto García,  foron cedidas pola familia e o concello fixo unha inversión para abrir este museo singular no que se pode ver parte da obra do artista de Valbuxán. El mesmo definía deste xeito a súa forma de ver a vida: “Si mi vida son dos días daré uno a la pintura y otro a la poesía”: Toda unha declaración de intencións a que nos amosa neste verso o protagonista deste museo.

Quen é Yosso?

  • José Porto García é coñecido como pintor baixo o nome de Yosso e como poeta como Xosé de Valbuxán (37 libros escritos). Outros nomes polos que se coñece “O cisne de Valbuxán”.

    Nace na localidade bolesa de Valbuxán o 31 xaneiro de 1943 e morre no Bolo o 30 de agosto de 2019. A súa vida na súa localidade natal vai formar parte moi importante da súa obra. 

Que podemos ver no museo no Bolo?

  • 70 cadros  que se van ir cambiando co tempo para dar visibilidade a máis de 200.
  • Na súa obra ten óleos, pasteis, plumiñas, carbonciños e debuxos como base e tamén como obra. 
  • Gran parte deles fan referencia a súa vida en Valbuxán, a súa familia e algunhas son pinturas da súa estancia en diferentes localidades de Francia e Madrid.
  • Tamén está no museo a súa mesa de traballo, algúns obxectos persoais e libros que auto publicaba.

SABER MÁIS

ENTRADAS YOSSO

606 01 71 05

Teléfono municipal de información turística

GALERÍA

¿Qué estás buscando?

CONTACTO