Casa grande de Viloira

top-historia-barco

A Casa Grande de Viloira é un dos edificios máis coñecidos da vila do Barco de Valdeorras, edificio do século  XVII e ligado á familia Quiroga. Hoxe este edificio pertence á Xunta de Galicia dende 1993 e é sede de  diferentes oficinas autonómicas e do Instituto de Estudos de Valdeorras (IEV).

HISTORIA

A Casa Grande de Viloira foi construída no ano 1637. É un gran edificio de planta rectangular con tres alturas, e dous patios no seu interior, un deles rodeado por unha galería pechada e o outro dando acubillo a unha capela. Chama a atención ás súas paredes amarelas e a pedra vermella típica da zona para columnas, linteis e marcos de portas.

A construción da Casa Grande segue a estrutura habitual dun pazo galego, cunha fachada principal na que loce, na zona central, un escudo de armas no que se ve a imaxe dun león atado a unha árbore como imaxe central. Este escudo pode verse dende a Praza Otero Pedrayo de Viloira que no seu día formaba parte do conxunto do pazo onde estaban as cortes e a horta.

En 1757 aparecen como propietarios a familia Quiroga, Don José Nicolás de Quiroga. Avanzando no tempo é Manuel Quiroga quen casa coa segunda filla do marqués de Nava e entón incorpora ao apelido Quiroga o de Velarde. Froito deste matrimonio nacen dous fillos, sendo un deles: Don José Quiroga e Velarde, conde de San Martiño de Quiroga e pai de Elena Quiroga de Abarca, novelista que pasou a súa infancia neste pazo.  Esta novelista gañou o premio Nadal e foi a segunda muller que ocupou unha cadeira na RAE no 1994. Ten unha rúa coa seu nome entre a casa grande o río Sil e converteuse en filla adoptiva do Barco e Valdeorresa Ilustre polo Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV).

SABER MÁIS

988 78 80 41

Teléfono municipal de información turística

GALERÍA

VISTA EN 360º

Reproducir vídeo
Reproducir vídeo

¿Qué estás buscando?

CONTACTO