Área recreativa do Bibei: un lugar para refrescarse e admirar a paisaxe e arquitectura

AEVA 2 (242 de 258)
Un lugar para refrescarse e admirar a paisaxe e arquitectura

Esta área recreativa é punto de referencia para todos os valdeorreses como un dos lugares onde refrescarse nos días duros de calor do verán. Conta con amplo espazo para aparcar e con Praia fluvial.

Ademais na súa contorna están os muíños de electricidade e fariña que chaman a atención pola súa arquitectura e toda a zona de socalcos de viña, moitos deles en fase de recuperación. 

HISTORIA

O río Bibei é un dos afluentes principais do Sil. Nace no Pico de Moncalvo na comarca zamorana de Sanadria, e  conta cun trazado sinuoso, encaixado entre formacións rochosas- moitas veces de louxa- neste concello bolés e nos seguintes polos que transcorre de Larouco, Trives e Quiroga.

Esta área recreativa do Bibei na zona das Ermidas forma parte dos lugares onde ir nos días calorosos do verán valdeorrés. Conta con Praia fluvial con espazo de herba para tirarse e zona de baño. As augas do Bibei están frías e non son aptas para todos os públicos.

Na súa contorna atópanse os muíños de xeración de electricidade e de moer fariña que contan cuns tellados moi particulares de pedra, chegando incluso a confundirse co resto de paredes rochosas desta paraxe. Esta zona está rodeada de socalcos de viñas formando unha paisaxe de ladeira de montaña e río que sorprende.

Esta zona tamén é o punto de aparcamento para todos aqueles que visitan o Santuario das Ermidas. Antes de empezar a subida andando ao santuario teñen xa unha boa vista do seu emprazamento na ladeira da montaña. 

SABER MÁIS

GALERÍA

VISTA EN 360 º

Reproducir vídeo

¿Qué estás buscando?

CONTACTO