Vía Crucis As Ermidas

seccion-columna-historia-2

O vía crucis barroco das Ermidas chama a atención polas súas figuras de madeira do século XVIII e de tamaño natural. Cada unha das estacións ten o seu propio espazo e pode visitarse durante todo o ano facendo un paseo pola aldea das Ermidas. Como particularidade en lugar de 14 estacións hai 15, a última diante do cemiterio do lugar

HISTORIA

O Santuario da Virxe das Ermidas conta cun vía crucis barroco que completa todo o conxunto
relixioso neste pobo bolés. Está inspirado no que existe no Santuario do Bom Jesús do Monte de Braga (Portugal), aínda que nesta ocasión as 15 estacións están repartidas por toda a aldea o que o fai máis especial. As imaxes son de tamaño natural e policromadas e cada unha das estacións conta coa súa capela que nalgúns lugares forman parte das casas da aldea. A particularidade deste vía crucis chama a atención aos visitantes e tamén que teña 15 estacións e non 14, xa que engaden a da resurrección xusto na entrada do cemiterio parroquial. O conxunto empeza coas catro primeiras estacións no atrio do santuario para continuar pola aldea.
O Venres Santo faise o percorrido relixioso de varias horas facendo as paradas en cada unha das
estacións cos rezos pertinentes.

SABER MÁIS

SANTUARIO AS ERMITAS

606 01 71 05

Teléfono municipal de información turística

GALERÍA

VISTA EN 360 º

Reproducir vídeo

¿Qué estás buscando?

CONTACTO