Ruta de miradoiros do parque da Lastra: formas de desfrutar a paisaxe

AEVA 2 (49 de 258)

Son moitos os miradoiros  dos que podemos gozar recorrendo o Parque Natural da Serra da Lastra. Estes lugares  están na súa maioría sinalizados e nalgúns hai paneis explicativos do que se pode ver. Para poder chegar a eles pode facerse mediante vehículo e algúns forman parte das rutas para camiñar polo interior do recinto protexido.

O recorrido para coñecelos son basicamente dúas estradas que percorren o parque e que nos van permitir ir facendo paradas para admirar a beleza deste lugar. A estrada OU-622 dende a localidade de O Real ata chegar a Santo Tirso de Cabarcos (Bierzo) e a outra opción é a estrada Biobra-Vilardesilva-Quereño. A primeira pola parte máis ao norte do parque e a segunda cara o sur da N-120 e bordeando o río Sil.

Os miradoiros que imos destacar no parque Serra da Enciña da Lastra pola súa beleza son: 

Mirador de Covas

Mirador de Vilardesilva

Mirador da Cruz

Mirador das Penas de Oulego

HISTORIA

Polo interior do parque hai áreas de descanso-miradoiros acondicionados para poder admirar a beleza da paisaxe coa súa particular flora e fauna. Estes espazos divídense basicamente entre dúas estradas que están polo seu interior: 

Na estrada OU 622 que vai dende O Real ata a Santo Tirso de Cabarcos, xa na zona berciana, atópanse entre outros: 

– Miradoiro de Oulego: a uns  760 metros de altura ofrece unha boa vista da localidade de Oulego. Hai zona de mesas e espazo para aparcar.

Miradoiro das Penas (Penedos de Oulego): a uns 820 metros de altura ofrece as mellores vistas da cara norte dos Penedos de Oulego. Conta con zona de mesas para comer e dende ela empeza a ruta circular para camiñar e coñecer esta zona. 

Na estrada de Biobra-Vilardesilva-Quereño:

Alto da Escrita-Biobra: A uns 800 metros de altura, dende este punto vese o val do río Galir e o do Sil cos cortados da montaña de fondo. 

Miradoiro de Vilardesilva:  A uns 640 metros é un dos puntos máis destacados para admirar a beleza deste parque co encoro de Penarrubia e o río Sil ao fondo. A localidade de Vilardesilva e as súas zonas de cultivo forman parte do conxunto a admirar. 

Miradoiro da Cruz: Xa pasado o pobo de Vilardesilva de camiño a Pardollán hai outro lugar clave para admirar a paisaxe desta zona cos cortados da montaña de Penarrubia, cos seus 800 metros de altura, e o río Sil ao fondo. Trátase dun pequeno promontorio con zona de banco para sentar e gozar do lugar.

Mirador de Pardollán: Vista do val do Sil co encoro de Penarrubia e Pardollán como protagonistas

Na estrada N-120 de Ourense a Ponferrada: 

Miradoiro de Covas I (Túnel N-120-Covas): Antes de entrar no último túnel sobre o río Sil para pasar a Castela e León hai un desvío para ir ao pobo de Covas e nel unha área de descanso con vistas ao pobo e o encoro de Penarrubia co río Sil. Na mesma zona, pero en sentido Ourense, hai outro miradoiro desta zona.

Miradoiro de Covas II: Na mesma estrada N-120 en dirección Rubiá-Ponferrada, antes de entrar no primeiro túnel (túnel de Covas), hai un pequeno desvío cara un promontorio que  está a uns 560 metros de altura, con vistas da zona do val de Covas e do río Sil.

SABER MÁIS

SOBRE ORNITOLOXÍA

GALERÍA

VISTA EN 360 º

Reproducir vídeo
Reproducir vídeo
Reproducir vídeo

¿Qué estás buscando?

CONTACTO