Edificación singular que se atopa rodeado de bosque autóctono e viñas á beira do regato Mariñán, na localidade de Xagoaza, e que conta con moita historia detrás dende o século XI. Esta casa grande conta na súa construción cunha pedra vermella de orixe volcánica típica da zona e recobrou parte da súa vida coa restauración que unha adega fixo dela nos anos 80 para convertela en adega.
HISTORIA
No centro do casco urbano barquense o gran espazo natural á beira do río Sil coñecese co nome de Paseo do Malecón. Un centro neurálxico da vida social e de lecer de máis dun quilómetro de longo que empeza na zona da Praza Maior e remata na zona da desembocadura do río Mariñán. En todo ese trazado hai espazo para parques infantís, pistas polideportivas, a piscina municipal, un xardín botánico e ata o lugar de celebración dos concertos nas festas coñecido como “Campo da festa” e que durante o resto do ano é lugar de aparcamento. O paseo do Malecón ten dúas partes diferenciadas: a que está ao mesmo nivel das rúas, e que nos últimos anos empedrouse case por completo para ser un lugar de paseo urbano e a outra parte que é a propia ribeira do río Sil. A esta parte accedese dende varios puntos a través de escaleiras e ramplas. Nela mantense a herba e as árbores típicas de ribeira, convertese en praia e punto de lecer con sombra nos meses de primavera e verán. E mesmo en lugar de concertos como os do festival Silfest e outros que organizan dende o concello. Na parte alta, á que está ao mesmo nivel das rúas, o espazo está urbanizado e as árbores que predominan son os coñecidos como “plátanos”. É nesta parte onde os veciños e visitantes fan a maior parte da vida social e de lecer todos os días do ano. Os parques infantís, adaptados ás diferentes idades, están por todo o paseo e tamén as terrazas de varios bares e restaurantes. Este espazo está conectado coa outra beira cunha pasarela que permite ampliar a zona de paseo polo coñecido como parque do Salgueiral.
Nos últimos anos esta zona conta cun novo atractivo natural xa que se instalaron nela unha comunidade de parrulos, garzas e mesmo ocas e corvos mariños que fan vida no río durante gran parte do ano ou por tempadas. Mesmo os parrulos, xa tan habituados a ver xente, que andan polo medio das terrazas dos bares buscando algún petisco.