Encoro de San Martiño e paseo do Aguillón: o lugar de recreo rués á beira do Sil 

Encoro San Martiño 7

A cola do encoro de San Martiño separa as localidades de Petín e A Rúa e tense convertido nun refuxio ornitolóxico privilexiado e tamén nun fermoso lugar de paseo e lecer para valdeorreses e visitantes.

HISTORIA

O encoro de San Martiño, que ten un quilómetro e medio de longo e uns 600 metros de ancho sobre o val do río Sil nesta zona, é unha das obras feitas pola empresa hidroeléctrica Saltos del Sil a mediados dos anos 40.  A súa construción converteuse nun dos focos de crecemento da Rúa e tamén da veciña Petín que bordea o encoro pola outra beira. Desde a instalación desta empresa en 1946 converteu a estación de tren da Rúa no centro loxístico de carga e descarga de materiais de construción das diferentes presas do oriente de Ourense.

Na área recreativa do Aguillón o que se ve é a cola deste encoro. Nesta parte creouse co paso do tempo, un novo espazo de alto valor ecolóxico, sendo un lugar privilexiado para aniñar e tamén de zona de descanso na migración de multitude de especies de paxaros. Unha zona húmida de pouca profundidade cun excelente bosque de ribeira que acolle a un bo grupo de aves acuáticas: parrulos, garzas reais, miñatos negros, entre eles. Tamén é importante na contorna a forte presenza de cegoñas que usan o río e as viñas como lugar de alimento.

Todo este espazo creado á beira do río Sil e do encoro é facilmente accesible a pe e permite divisar moitas aves e tamén practicar diversos deportes tanto na auga como na área recreativa.  Xa que nela hai pistas deportivas de tenis, padel, petanca, campos de fútbol, piscina de verán  e polideportivo municipal.

SABER MÁIS

SOBRE ORNITOLOXÍA

GALERÍA

VISTA EN 360 º

Reproducir vídeo

¿Qué estás buscando?

CONTACTO