Dez rutas para andar polo interior do Parque da Serra da Lastra

Mirador_de_Vilardesilva-6

Poder camiñar polo interior do parque é unha das mellores maneiras de conectar coa flora e a fauna desta paraxe singular. A maioría das rutas son de fácil acceso e non precisan de permiso para poder facelas, sempre tendo en conta as recomendacións dos expertos de non saírse dos camiños sinalizados. Hai percorridos marcados para ver os restos da Via Nova romana, os penedos de Oulego, a Pena Falcueira ou os soutos. Dependendo da época do ano resultará máis atractiva unha ou outra e tamén dependendo dos intereses de cada camiñante. No centro de información do parque ofrecen información sobre cada unha e na internet pódense baixar as rutas.

HISTORIA

As dez rutas marcadas e que aparecen na web do Xunta de Galicia relativa ao parque son: Ruta do Real de Oulego, Ruta da Via Romana, Ruta da Ermida de Santo Estevo, Ruta do Caleiro, Ruta Baixo de Páramo, Ruta Val do Sil, Ruta Soutos baixo Pena Falcueira, Ruta das dúas vertentes, Ruta das galegas, Ruta tras os penedos. Todas elas contan con mapa e poden descargarse os percorridos. Son seguras e sen grandes dificultades tendo en conta que o camiñante debe coñecer os seus propios límites e preparación física. Hainas circulares e de pouco máis dun quilómetro e medio como a dos penedos de Oulego e outras con máis esixencia como a da Via Romana de pouco máis de oito quilómetros.

Pero ademais das rutas marcadas para camiñar tamén recomendamos un paseo en coche, moto ou bicicleta polas estradas interiores e ir facendo paradas nos miradoiros e outros lugares de fácil parada para admirar a beleza deste lugar. Destacando a estrada que vai dende a localidade de O Real ata a zona berciana de Santo Tirso de Cabarcos, a estrada OU622. Tamén conta cunha especial beleza e a estrada estreita dende a localidade Biobra en dirección a Vilardesilva, Pardollán ata chegar a Quereño e enlazar coa estrada OU 536 na zona berciana de Puente de Domingo Flórez. Unha zona con varios miradoiros para facer paradas.

SABER MÁIS

DESCARGA AS RUTAS

GALERÍA

VISTA EN 360 º

¿Qué estás buscando?

CONTACTO