Área recreativa do Bañadoiro: o Camiño de Inverno á beira do Sil

TOP CEDIDAS

Esta área recreativa do Bañadoiro crease a carón do río Sil e do encoro de Santiago. Un espazo onde se poden practicar deportes tanto na auga como na terra coas instalacións deportivas municipais. Nesta zona de paso do Camiño de Inverno, tamén se admira a paisaxe e a fauna de ribeira que é moi abundante.

HISTORIA

O Bañadoiro é o espazo onde se funden o goce da paisaxe coa posibilidade de practicar deportes nas instalacións deportivas municipais e tamén na auga do encoro de Santiago coa recente instalación dun peirao. Sen esquecer a práctica da pesca que ten moitos seguidores. Nesta zona hai amplas zonas de paseo, parque infantil, campo de fútbol e piscina municipal de verán, así como polideportivo.

Os peregrinos que fan o Camiño de Inverno atopan neste lugar o albergue municipal para descansar.  A fauna de ribeira fai as delicias dos paseantes: parrulos, garzas, miñatos e outras aves acuáticas; facilmente visibles, nesta zona en diferentes épocas do ano.

SABER MÁIS

GALERÍA

VISTA EN 360 º

Reproducir vídeo

¿Qué estás buscando?

CONTACTO