FORMACIÓN

"Formación para prescriptores turísticos da comarca"

En RecomendaValdeorras cremos que a clave para ofrecer experiencias turísticas únicas e memorables é contar con guías preparados, apaixonados e ben informados. A iniciativa nace co obxectivo de converter a empresarios, comerciantes e particulares en auténticos prescritores turísticos da comarca, contribuíndo a amosar ao visitante as múltiples facetas que fan deste lugar un destino único.

O resultado é unha rede de RECOMENDADORES identificados cun distintivo nos seus negocios coa marca «AQUÍ RECOMENDA VALDEORRAS», coordinada polos guías turísticos oficiais Soledad Figueroa e Luís Carrón.

AQUÍ RECOMENDA VALDEORRAS

Contamos cun mapa interactivo en Google Maps onde podes localizar os puntos recomendados segundo a temática, a proximidade ou simplemente para explorar a comarca.

Esta ferramenta está pensada para que a consultes facilmente dende o móbil, facilitando así a túa experiencia formativa e de descubrimento.

RECOMENDA VALDEORRAS é un proxecto formativo da
Asociación Empresarial de Valdeorras, empregada durante a formación, está dividida en catro rutas temáticas:

Ademais, incorpora recomendacións específicas para cada un dos nove concellos que conforman a comarca, facilitando así unha visión ampla e diversa do territorio.

No noso Mapa de Propostas Turísticas de Valdeorras recompilamos negocios locais que che axudarán a vivir a comarca coa intensidade que merece.

Turismo activo, enoturismo, gastronomía, hoteis, tendas de viño, embutidos e outros produtos artesáns… Todo ao teu alcance nun só mapa interactivo, pensado para que goces do territorio e poidas levar un anaco del contigo.

II EDICIÓN

Na súa segunda edición, Recomenda Valdeorras volveu a ser unha iniciativa impulsada por AEVA, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense, cun obxectivo claro: formar Recomendadores/as da comarca de Valdeorras.

A formación estruturouse arredor de dous eixes principais —Valdeorras histórica e cultural, e Valdeorras paisaxística e enoturística—, e foi impartida por profesionais do sector turístico.

As sesións teóricas permitiron coñecer a fondo o patrimonio da comarca, mentres que as saídas de campo ofrecéronlles aos participantes a oportunidade de vivir en primeira persoa a riqueza do territorio.

 Imaxes doutras edicións de Recomenda Valdeorras.